Escudo do Concello

Concello de Arteixo

Correo Novas Inicio

Radio Arteixo. 102 Fm

Logotipo de Radio Arteixo

A radio Municipal de Arteixo, 102Fm, como medio de comunicación público, ten no cidadán a súa principal base de funcionamento.

A actual programación, eminentemente informativa e participativa, pretende ofrecer ó viciño unha ampla perspectiva, do que acontece na vida municipal sen perder de vista o que o rodea. Así os espacios fixos dos que consta a actual parrila son, ademáis dun espacio de entretenemento unha opción de consulta parao oínte.

Cuestións de ámbito estatal relacionadas co cambio de moeda, o aforro, a seguridade cidadá, o tráfico ou o deporte, son analizadas, merced á colaboración de especialistas, dende a perspectiva local e máis cercana á audiencia. Os oíntes teñen a posibilidade, nestes espacios, de facer consultas personais.

A información é outra das bases da actual programación. Dous resumos informativos diarios pretenden ofrecer unha visión en tempo real, do que acontece no municipio: actualidade política, sucesos, cultura, movemento veciñal, comunidade escolar ...

No espírito da Radio ten especial relevancia a participación. A través do teléfono directo (981 640 293) ou do contestador automático recollemos as opinións ou informacións que a audiencia queira compartir. Ademáis ofrécense semanalmente distintos concursos, baseados na participación do oínte que buscan, principalmente, o entretenemento.

Nesta liña de participación a Radio Municipal reserva unha hora diaria e catro na fin de semana para que os viciños dispoñan da posibilidade de elaborar o seu propio programa radiofónico.