O Concello de Arteixo, a través da Policía Local, ven a desenrolar dende fai oito anos, uns cursos de Educación Vial nos distintos centros escolares do concello, ca finalidade de fixar costumes ou hábitos positivos nos escolares como viaxeiros ou peatons.
Pero dende hai catro anos, restructúrase a actividade, dotándoa dun maior dinamismo e ambición. Ponse en marcha un área de "Educación e Seguridade Vial", ca finalidade de alcanzar a un maior número de población, e así acadar un proxecto educativo mais completo e ambicioso; froito desta restructuración, ademais de continuar a imparti-los cursos en primaria e secundaria nos distintos centros escolares do Concello, comezan a organizarse charlas e conferencias adicadas a grupos e temas específicos como poden ser en Bacherelato,a incidencia das drogas e o alcohol na circulación de vehículos, ou cursos de primeiros auxilios e actuacións ante o accidente de tráfico impartidos os alumnos da Escola - Obradoiro do Concello; ou xornadas monográficas sobre a circulación en bicicleta os alumnos do curso de Actividades Físicas ó Aire Libre de Formación Profesional, etc...
Levanse a cabo exercicios prácticos nas rúas cos alumnos, programanse actividades coma obras de teatro específicas, instalación de parques móviles de tráfico, exposicións monográficas,etc....
Suliñar tamén a consolidación do "Concurso de Redaccións e debuxos "para os alumnos de quinto e sexto de primaria, que xa vai pola sua terceira edición, cun grande éxito de participación, e que funciona coma un mecanismo mais de acercamento a realidade da problemática do tráfico nas nosas ruas.
Por todo esto pódese decir que na actualidade o Concello de Arteixo, dispón dun dos programas educativos de Seguridade Vial mais ambiciosos da nosa Comunidade Autónoma, exemplo para outros moitos Concellos galegos.
Por último decir que ésta é unha área dinámica, e que como proxectos de futuro están a construcción no Concello dun Parque Permanente de Tráfico, no que se podan poñer en practica as ensinanzas acadadas nas aulas; ou a elaboración dun programa de radio; a elaboración e publicación de estudios da circulación e a seguridade vial nas nosas ruas, ou os cursos de reeducación vial, extranxeiros e terceira idade.
Se vostede está interesado en participar no programa de educación vial deste Concello, e pertence a alguna asociación de veciños, profesional, deportiva, colectivo, etc..., sepa que gostosamente nos poñeremos en contacto con vostede para concertar unha data para a celebración dalgun curso, charla ou actividade.
Pode contactar telefónicamente no número 981 60 00 60 (Policía Local), indicar en nome de que asociación ou colectivo solicita a actividade e que desexa contactar co responsable da área de Educación Vial; ou ben por Fax o número 981 64 72 59. Tamén pode facelo a través dun e-Mail na dirección daniel.sanchez@arteixo.dicoruna.es, gostosamente contestaremos a súa demanda e nos poñeremos en contacto con vostede para programar unha actividade ou charla.
| Inicio |