O servizo municipal de normalización lingüística ten que contar con persoal especializado que posúa unha boa formación lingüística e con coñecementos de planificación e dinamización lingüística.
O servizo lingüístico contará, asemade, coa dotación bibliográfica imprescindíbel para o exercicio das súas funcións, por mor da especificidade dos seus cometidos.
Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta os seus servizos a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que os demande tanto de asesoramento coma de tradución ou correción de textos e, mesmo de tramitación de subvencións para fomentar o uso social da lingua galega.
Este departamento tramita todos os anos cursos, para adultos, de Iniciación e Perfeccionamento da Lingua Galega a través da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
Impártense, tamén, cursos de Lingua Galega para Estranxeiros.
Este departamento realizou o Proxecto Toponimia de Galiza neste concello. Trátase dunha gran base de datos na que figura recollida toda a toponimia maior e menor deste municipio; base que poderá ser consultada pola administración, empresas, colectivos e particulares
Se desexades máis información contactade connosco na Casa do Concello ou no teléfono: 981 600 009
| Inicio |