Concellaría de Muller
Intencións
Nesta ano 2004, o Concello de Arteixo pon en marcha a Concellaría da muller. Pretende ser un proxecto dedicado integra e especialmente ás mulleres do noso entorno.
A idea xeral é achegarse non só ás mulleres, senón tamén ós homes, para tratar de acadar solucións a unha problemática social tan importante como é a violencia doméstica, a incorporación e estabilidade da muller a un posto de traballo, as situacións de crise familiar, etc.
Para levar a cabo estas actuacións contamos con persoal especializado nas seguintes áreas:
- Atención social:información dos recursos sociais, información sobre temas de saúde; colaboración e apoio ás asociacións; casas de acollida; etc.
- Atención psicolóxica: apoio puntual en casos de violencia doméstica; apoio e asesoramento en casos de desestructuración familiar, problemas de parella ou cos fillos/as; atención ante problemas de baixa autoestima, ansiedade, depresi&ocute;n; etc.
- Atención xurídica: Dereito Civil (separacións, divorcios, nulidade, abandono do fogar, xustiza gratuita, herdanzas, sucesións,...); Dereito Penal (agresións sexuais, malos tratos, ameazas, ...); Dereito Laboral (dereitos e deberes das traballadoras, discriminación laboral, Seguridade Social, ...).
- Atopámonos en: R/Ría de Noia,2 15.142 - Arteixo
- Teléfonos: 981 640 836 - 981 640 726
- Horarios:
- Luns a venres 9 - 14 h.
- Martes, mércores e xoves 16'30 - 19'30 h.
II Certame Xornalísitico Dora Vázquez