Escudo do Concello

Concello de Arteixo

Correo Novas Inicio

II Certame Xornalístico
Dora Vázquez

II Certame Xornalístico

Introducción

O Concello de Arteixo, a través da Concellería de Muller convoca o II Certame Xornalístico "Dora Vázquez"

A través desta actividade xornalística preténdese obter unah visión feminina da muller, da súa realidade, das súas aspiracións, anhelos, problemáticas, sentimentos e ilusións. E con isto favorecer a reflexión dos cidadáns para acadar espacios de convivencia máis xustas e igualitarios.

Colabora

La Voz de Galicia

Bases

  • O Concello de Arteixo a través da súa Concellaría de Muller co obxectivo de estimular a escrita literaria e o pensamento das mulleres, convoca o Premio "Dora Vázquez".
  • Poderán concorrer a el todas as autoras que desexen cunha única obra, orixinal, de temática libre e escrita en galego.
  • Os artigos deben ter unha extensión de entre 1500 e 2200 caracteres, escritos por unha cara.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado, con título e lema. Nun sobre pechado adxunto figurarán os datos persoais e de contacto da autora.
  • As obras enviaranse, facendo constar "PARA O PREMIO XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ", antes do 8 de maio de 2004 ao

    Concello de Arteixo
    Pza. Alcalde R. Dopico, 1
    15142, Arteixo, (A Coruña)
  • Establécese un único premio dotado de 300 € e sometido á retención legal establecida. O premio pode quedar deserto.
  • O xurado, designado polo Concello de Arteixo, fará pública a súa decisión inapelable no mes de xuño, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin.
  • Os orixinais non premiados poderán retirarse na Concellaría de Muller

    R/Ría de Noia,2
    Arteixo
    no prazo dun mes dende o fallo do xurado.
  • A autora premiada renuncia aos seus dereitos económicos en caso de que o Concello publique o texto. A obra gañadora será publicada no xornal "La Voz de Galicia".
  • A interpretación das bases corresponde ao xurado. O feito de participar supón por parte das autoras a aceptación destas bases.