Escudo do Concello

Concello de Arteixo

Correo Novas Inicio

Biblioteca Municipal

Actividades

15 Anos de Bibliotecas 1989-2004

Informes

Memoría da biblioteca central de Arteixo - 2003

Descripción

Actualmente, o Concello de Arteixo dispón de 3 puntos bibliotecarios, a Biblioteca Central, a Axencia de lectura de Oseiro e a Axencia de lectura de Meicende.

A Biblioteca Central está ubicada no Centro Cívico-Cultural no paseo fluvial e consta de 3 salas e un depósito de libros. A sala xeral contén as seccións de Galicia, Xuvenil, Fondo local, Libros en idiomas estranxeiros, Fondo xeral e Publicacións periódicas.

A sección de Galicia dispón dos libros de adultos escritos en galego ou que falan sobre Galicia; a sección Xuvenil, aqueles libros escritos en idiomas exteriores a España. O Fondo local dispón de libros referentes a Arteixo ou escritos por autores arteixáns, ademais de recortes de prensa sobre o Concello desde 1989; en publicacións periódicas dispoñemos de 60 revistas de todo tipo, 5 xornais e 1 semanal de formato xornal. A sala xeral dispón de 40 postos de lectura.

A sala Infantil consta dos libros de entre 0 e 13 anos dispostos por tres grupos de idades: I-1: de 0 ata 7 anos; I-2: de 8 a 10 anos; I-3: de 11 a 13, outra diferenciación nesta clasificación infantil é a separación dos libros de contos en galego dentro de cada grupo de idade. Ademais, nesta sala atopamos os libros de Cómic infantil e de consulta para as mesmas idades. Esta sala dispón de 22 postos de lectura.

A sala de Audiovisuais dispón de dous ordenadores para uso do público, dous equipos de video-tv e dous de música tamén para uso público mediante auriculares para non molestar ó resto de usuarios. Esta sala dispón de 8 postos de usuarios.

Nesta sala de Audiovisuais dispoñemos de videos, DVD's, CD's e CD-ROM's, tanto para a utilización na propia biblioteca como para o préstamo a domicilio.

Socios

Calquera persoa se pode facer socio/a da biblioteca municipal. Actualmente o número de socios é de 3100 na Biblioteca Central. O ser socio dá dereito a levar 3 libros e dous documentos audiovisuais (Videos, DVD's, CD's ou CD-ROM's) por un período de ata 12 días para os libros e de unha semana para o audiovisual con posibilidade de renovación.

Fondos bibliográficos

Actualmente a Biblioteca Central dispón de 16.000 libros, 220 CD's, 600 Videos, 40 DVD's e 250 CD-ROM's. No referente ós libros xa distinguímo-las seccións máis arriba; no tocante ó fondo audiovisual, os videos están organizados coma os libros, así coma os CD-ROM's e, os CD's, dividímo-los en 5 seccións : POP-ROCK, FOLK, JAZZ, CLÁSICA e MÚSICA LATINA.

Movementos

O número de usuarios diarios varía no inverno con respecto á época estival sendo unha media diaria de 90-100 no inverno e de 45-50 no verán. O número de préstamos está en torno ós 10.000 libros anuais e 1.400 audiovisuais.

Un vinte por cen destes libros son en galego e, a maioría, de narrativa.

A solicitude de equipos audiovisuais en sala está copada practicamente polo uso de ordenadores pois supón un oitenta por cen do total, o resto repártese entre equipos de video-tv e música.

Actividades

Fundamentalmente diríxense a usuarios/as de entre os 4 e os 14 anos pero con algunha outra dirixida a adultos.

A animación á lectura ten tres épocas ó ano: mes de febreiro, dedicada ós alumnos de educación infantil, meses de marzo a maio con campañas de animación á lectura para rapaces/as ata os 12 anos con grupos como Melandrainas, Alacrín-Teatro e profesionais como a ilustradora Marisa Irimia.

Durante os meses de novembro e decembro realízase outra campaña como remate do ano. A participación é duns 50-60 rapaces/as cada día e, as función realízanse cada 15 días aproximadamente.

Outras veces visítannos escritores para falaren da súa obra. Tamén se admiten propostas polos usuarios.

Todas estas actividades abranguen a tódolos puntos bibliotecarios do Concello.

Informatización dos fondos

Quizá neste ano 2001, o total dos fondos, tanto audiovisual como bibliográfico, estarán xa dispostos ó público a través de sistema dixital así como a tarxeta de préstamo para levar ó domicilio calquera documento da Biblioteca.

Os mesmos servicios pódense atopar nas axencias de lectura de Oseiro e Meicende que dispoñen de 20 postos de lectura e fondos blibliográficos sobre os 4.000 volumes e uns 450 socios/as cada unha delas.

Enderezo e horarios das bibliotecas

Biblioteca Central Inverno Verán
Paseo fluvial s/n Mañás : De 10 a 13,30h De 9,00 a 14,00 h(luns a venres)
Tlfno: 981 641 879 Tardes : De 16,30 a 20,00 h(luns a venres)
Fax: 981 641 871 Sábados (outubro a maio, agás o primeiro do mes): De 10,30 a 13,00 h
Axencia de lectura de Oseiro
Praza Manuel Murguía s/n De 16,30 a 20,00 h(luns a venres) De 10,15 a 13,45 h(luns a venres)
Tlfno: 981 601 845
Axencia de lectura de Meicende
Colexio S. Xosé Obreiro De 16,30 a 20,00 h(luns a venres) De 10,15 a 13,45 h(luns a venres)
Tlfno: 981 274 027