Escudo do Concello

Concello de Arteixo

Correo Novas Inicio

Marzo 2004

26-03-2004 IX Semanda da Banda Deseñada Concello de Arteixo

Dentro do programa da IX Semana da Banda Deseñada, e coa colaboración de ALITA CÓMICS o sábado dí 3 de abril no Centro Cívico Cultural, ó longo de todo o día, disputarase o I Torneo de Warhammer Concello de Arteixo. Os requisitos dos exércitos son os seguintes:

Exércitos de 1500 puntos. Sen persoaxes especiais. Mínimo 4 unidades pintadas. Tódalas unidades representadas. Sen regras experimentais. Inscripción 10 €

Premios: 1º clasificado: Bust Golden Demon 2º clasificado: 30 € en material. 3º clasificado: 20 € en material. Data límite de entrega de listas de exército: sábado 27 de marzo. Contacto: 981 905 202


18-03-2004 Unha árbore para os nacidos en Arteixo en 2003

Os douscentos cincuenta nenos nacidos en Arteixo durante o ano 2003 medrarán xunto ás árbores que, con motivo da súa chegada ó municipio, se plantarán o domingo próximo na área recreativa do Seixedo.

Trátase do acto central programado polo Concello con motivo do día da árbore que se celebra coincidindo co inicio da primavera.

O departamento de medio ambiente plantará o día 21 ás 17.30 h, 24 árbores (castiñeiros, carballos e bidueiros) en O Seixedo, que servirán para da-la benvida a estes novos viciños e para dotar de máis vexetación a esta zona de esparexemento á que se incorporaron varias parcelas municipais nos últimos meses. O espacio da plantación estará presidido por unha placa conmemorativa co lema .unha vida, unha árbore.

O Concello ocupouse nos últimos días de invitar ós pais dos recén nacidos a participar neste acto a través de correo. No acto do domingo cada familia recibirá un libro-guía sobre as especies de árbores que hai en Arteixo, editado pola concellería de medio ambiente, así como un díptico informativo acerca da área do Seixedo e unha camiseta na que, baixo o debuxo dunha árbore, se pode ler o lema deste día en Arteixo: .Unha vida, unha árbore..


18-03-2004 I Trofeo de Baile Deportivo Concello de Arteixo

O Servicio Municipal de Deportes, e o Departamento de Xuventude organizan xunto a Academia Pasos de Vigo o I Trofeo de Baile Deportivo Concello de Arteixo, o vindeiro domingo 21 no Pavillón Municipal de Arteixo. O campionato comezará ás 13.00 e discrorrerá ininterrumpidamente ata as 19.30 h. A entrada custará 6 €. e os menores de 12 anos entrarán gratis. Neste trofeo, valedeiro a nivel nacional participarán máis de 120 parellas de toda Galicia e doutras comunidades autónomas, algunhas das cales estan situadas entre a élite do Baile Deportivo Nacional.


04-03-2004 Medio Ambiente localiza cinco araos mortos na praia de Suevos

Técnicos da concellería de medio ambiente, alertados pola chamada dun viciño, desprazáronse nas últimas horas á praia de Area Grande en Suevos para recoller cinco exemplares de arao mortos.

As primeiras impresións dos responsables da concellería, e comprobado o estado das aves, indican que a morte produciuse por asfixia o quedar, presumiblemente, atrapados en redes de pesca. As razóns que fan pensar nesta teoría baseanse na dislocación e alongamento do pescozo que presentaban tódolos exemplares.

A pesar das evidencias comprobadas polos técnicos, a concellería decidiu enviar estas aves á Consellería de Medio Ambiente para que se lles practique a necropsia e determina-las causas da súa morte.

Os araos son aves acuáticas que proceden do norte de Europa, sobre todo das Illas Británicas e que, aínda que non aniñan en Galicia, sí é habitual que pesquen preto das nosas costas.

NOVO PROCESO SANCIONADOR A UNHA EMPRESA CONSTRUCTORA

Noutro orde de cousas o departamento de Medio Ambiente, por providencia da alcaldía de 18 de febreiro, ven de incoar un novo procedemento sancionador, neste caso a unha empresa constructora por .depósito incontrolado de residuos por ela producidos nunha parcela allea..

O expediente básase na lei de residuos de 1998 que tipifica como infracción grave .o abandono, verquido ou eliminación incontrolados de calquera tipo de residuos non perigosos..... A empresa enfróntase a unha multa que oscilaría entre os 601,02 . e os 30.050,61 . .

Non se pode constituir ningún depósito nin recheo de residuos sen dispoñer de autorización administrativa aínda que se conte con consentimento do propietario. No caso que nos ocupa foi utilizada unha parcela anexa á obra sen a anuencia do titular.